jueves, 6 de noviembre de 2014

Conferencia de Xoán Martínez Tamuxe sobre a Prehistoria de Salcidos


O vindeiro xoves 13 de novembro, ás 20:00 horas, o escritor e historiador Xoán Martínez Tamuxe ofrecerá unha interesante charla-conferencia sobre A Prehistoria entre A Gándara e Salcidos (A Guarda) que terá lugar no noso local.

Segundo afirma o xerente, Sergio Rodríguez Trinta, "esta conferencia é a primeira dunha serie de xornadas –libres e gratuítas- que se organizarán nos meses de novembro e decembro con motivo do I aniversario da nosa inauguración o pasado 21 de decembro de 2013".



Xoán Martínez Tamuxe, recoñecido arqueólogo e autor do libro Parroquia de San Lorenzo de Salcidos. Aproximación histórica, desvelará coa súa acostumada e sabia oratoria, moitos dos segredos que agochan os gravados ou os castros da zona. Igualmente haberá unha pequena mostra de material prehistórico e proxección de imaxes dos xacementos arqueolóxicos máis importantes.

*Xoán MartínezTamuxe (O Rosal, 1930). Historiador, arqueólogo e investigador. Autor de máis dunha ducia de libros, cofundador do Equipo Arqueolóxico do Baixo Miño, é membro do Instituto Padre Sarmiento (Sección de Arqueoloxía) de Santiago de Compostela (1979), da Asociación Colegial de Escritores de España (1982), Grupo de Arqueoloxía Alfredo García Alén de Pontevedra (1983), membro colaborador do Departamento de Prehistoria da Universidade de Santiago (1984). Dende o ano 2007 é o presidente do Instituto de Estudios Tudenses.

Agardámosvos, pois, o vindeiro xoves 13 de novembro. A entrada, como sempre, é libre e gratuíta. Estamos na rúa Regudíns 4 (Praza dos Seixiños, A Gándara-A Guarda). ¡Saúdos a todos/as!

0 comentarios:

Publicar un comentario